Sunday 12 de May de 2024

Xornadas informativas sobre a vespa asiática no concello de Fene


A Concellería de Medio Ambiente organiza no mes de abril e maio unhas xornadas informativas sobre vespa asiática (Vespa Velutina) abertas a veciñanza. Con esta actividade, coordenada pola Casa do Mel de Goente, quérense dar a coñecer as características principais desta especie foránea que se está a instalar na nosa comunidade , os riscos que implica e as precaucións e métodos de actuación no caso de atoparse con este tipo de vespa.

As datas previstas para as charlas son:
• Mércores, 27 de abril ás 20.00 horas no local social da ACRD O Pote de Maniños
• Xoves, 28 de abril ás 19.30 horas no local social da CCRD de Perlío
• Martes, 3 de maio ás 19.30 horas na no local social da A.VV. De Fene
• Martes, 10 de maio ás 19.30 horas no local social do CPS de San Valentín
• Domingo, 22 de maio ás 11.00 horas no local social da A.VV San Xurxo de Magalofes
• Sábado, 28 de maio ás 19.30 horas no local social da A.VV. Santa Eulalia de Limodre
• Martes, 31 de maio ás 19.30 horas no local da ACDR Liga de Amigos de Barallobre
As persoas interesadas en asistir a calquera das charlas poden levar unha botella de plástico xa que na charla realizarase unha demostración da fabricación de trampas caseiras.